Malvela actúa esta noite en Covelo
música
y O grupo ofrecerá un concerto ao aire libre na Praza Mestre Cerviño ás 22:00 horas
Covelo acolle esta noite un concerto de Malvela, unha das formacións máis emblemáticas da música tradicional galega, nun acto incluído na programación cultural municipal e enmarcado no programa +Música da Deputación de Pontevedra. A actuación terá lugar na Praza Mestre Cerviño a partir das 22:00 horas, con entrada libre e gratuíta.
O programa +Música ten como obxectivo apoiar a programación artística profesional en galego nos concellos de menos de 50.000 habitantes, contribuíndo á proxección da cultura e a lingua galegas e ao posicionamento da provincia de Pontevedra como destino cultural de referencia.
Malvela naceu a partir dun obradoiro de cantos populares impartido pola cantante Uxía e converteuse nun referente na recuperación e transmisión da memoria musical popular galega. O seu último traballo, Da miña xanela á túa, explora a música tradicional galega e do norte de Portugal incorporando tamén cancións de autor. Entre os temas máis destacados do seu repertorio figuran «O trébol de catro follas», «A gota d’auga» ou «Pirimpimpín».
- La madre de un vigués de 25 años que falleció por un tumor cerebral: «¿Qué habría pasado si lo hubiesen operado un año antes?»
- La reconocida orquesta gallega París de Noia pierde a una de sus principales voces en la temporada de mayor actividad
- El mercadillo de Cangas cerró hoy a su hora entre lamentos de los comerciantes
- Bouzas activa el «plan B» para sus fiestas por la final de España y cambia el horario de una de las citas más esperadas en Vigo
- El grito de euforia de Nico Williams tras noquear a Francia: «Vamos carallo»
- El TSXG multa con 1.800 euros a un abogado gallego por presentar un recurso lleno de «alucinaciones» con decenas de citas inventadas por la IA
- La Cofradía de Pescadores de Aldán denuncia la presencia continuada de yates en el muelle, pese a estar probido
- El Celta renuncia a retrasar el partido de la primera jornada