A historia de Rande sobe ao palco con visitas teatralizadas
meirande
y A iniciativa celebrarase hoxe, o 25 de xullo e 29 de agosto con entrada de balde

Visitas teatralizadas no Museo Meirande. | // D.P.
O Concello de Redondela pon en marcha unha nova programación de visitas guiadas teatralizadas no Centro de Interpretación da Batalla e Patrimonio Cultural de Rande, coñecido como Museo Meirande, para achegar o patrimonio histórico local á veciñanza e aos visitantes dun xeito innovador, dinámico e rigoroso.
A proposta, que combina cultura, turismo e participación cidadá, conta coa colaboración do Grupo de Teatro ADC Rande, cuxos actores e actrices darán vida aos personaxes e episodios que marcaron a historia desta emblemática zona do municipio.
As xornadas están programadas para os sábados 27 de xuño, 25 de xullo e 29 de agosto de 2026. En cada unha das datas haberá dous pases: o primeiro ás 16:30 horas e o segundo ás 18:00 horas, co fin de facilitar a asistencia e respectar os límites de cabida do espazo. A entrada é completamente de balde, pero debido á capacidade limitada de cada quenda, é imprescindible realizar inscrición previa. As persoas interesadas poden facelo chamando ao teléfono 986 458 891 ou escribindo ao enderezo electrónico museomeirande@redondela.gal.
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, valorou moi positivamente esta iniciativa e destacou o papel central que xoga o Museo Meirande na identidade colectiva do municipio: «O Museo Meirande é un piar fundamental da nosa identidade histórica, e con estas visitas teatralizadas a memoria de Rande está máis viva ca nunca». A rexedora local fixo fincapé tamén na importancia de tecer alianzas co tecido asociativo do concello: «É un orgullo contar co talento do Grupo de Teatro ADC Rande. Esta actividade amosa a forza do noso tecido asociativo e cultural».
Dende a Concellería de Turismo subliñase que o obxectivo é converter a visita ao museo nunha experiencia inmersiva e memorable, na que o público poida descubrir en primeira persoa os segredos, lendas e feitos que rodean a lendaria Batalla de Rande e o patrimonio industrial e cultural da contorna. A proposta vai dirixida tanto á cidadanía de Redondela como aos visitantes que se acheguen ao municipio durante os meses de verán.
- Los padres de la alumna con sumas erróneas en la nota de la PAU tras las revisiones denuncian «indefensión»: la corrección de la CiUG llega tras cerrar el primer llamamiento en varias comunidades
- Valença estudia trasladar la estación del AVE Vigo-Oporto a las afueras de la villa fronteriza
- Condenan a un vecino de Vigo a abandonar la vivienda por las continuas molestias al resto de la comunidad
- Inversores compran tres edificios en el centro de Vigo para dedicarlos a pisos turísticos
- Concierto de Juan Luis Guerra en Sanxenxo: el artista salda su deuda con Galicia en una fiesta de ritmos latinos ante 15.000 seguidores
- Juan 'Pegatinas': O San Benito máis triste de todos
- Luto en Lalín por la muerte del expresidente del Motoclub Kilómetro 0, Juan Carlos Blanco
- Tres accidentes casi simultáneos dejan dos heridos, uno de ellos grave, en el sur de la provincia de Pontevedra