Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A final de cociña de Talento Xove reúne o talento mozo pontareán

Entrega de premios en Mercatea.   | //D.P.

Entrega de premios en Mercatea. | //D.P.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
[Ponteareas]

Mercatea acolleu a Final de Cociña de Talento Xove 2026, unha xornada que congregou a once participantes nas categorías infantil e xuvenil, que demostraron a súa creatividade e paixón culinaria ante o xurado.

A tarde contou coa presenza dos recoñecidos chefs Iñaki Bretal (unha Estrela Michelín e dous Soles Repsol) e Pepe Vieira (dúas Estrelas Michelín, unha Estrela Verde e tres Soles Repsol), que comparteron experiencias e consellos cos participantes. Ambos ofrecerán aos gañadores da categoría xuvenil a posibilidade de realizar prácticas nos seus restaurantes.

Na categoría infantil, os premios recaeron en Jose Carlos (1º), Luis (2º) e Jimena (3º). Na xuvenil, as gañadoras foron Vanesa (1º), Sara (2º) e Noelia (3º).

A alcaldesa, Nava Castro, agradeceu a implicación dos chefs e de todas as persoas que fixeron posible a final. O concelleiro de Xuventude, Cristian Montes, subliñou que «Talento Xove é unha oportunidade para descubrir capacidades e gañar confianza». A entrega de premios das modalidades literarias realizarase na Feira do Libro de Ponteareas, en xullo.

TEMAS

Tracking Pixel Contents