Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

«Sin Etiquetas», a cafetería que aposta pola inclusión

equidade

y O Centro Juan María pon en marcha este espazo de inclusión laboral no Centro da Terceira Idade da Ramallosa

Inauguración da cafetería inclusiva «Sin etiquetas».   | // D.P.

Inauguración da cafetería inclusiva «Sin etiquetas». | // D.P.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
[Nigrán]

O Concello de Nigrán e o Centro de Educación Especial Juan María inauguraron a cafetería «Sin Etiquetas», un espazo singular no que nove persoas con diversidade funcional traballan como empregados contratados, acompañados por tres encargados e dous preparadores laborais. O local, situado na planta baixa do Centro da Terceira Idade da Ramallosa (nun edificio que foi a antiga estación do tranvía, en desuso desde 1968), abrirá todos os días de 9:30 a 22:00 horas e conta cunha terraza exterior de 300 metros cadrados.

O alcalde de Nigrán, Juan González, subliñou o valor simbólico e social do proxecto: «Este é o máximo exponente do «Nigrán para todos» que buscamos como goberno. Somos un referente en toda España en políticas públicas de inclusión e emprego protexido e isto énchenos de orgullo».

A iniciativa encádrase nunha estratexia municipal máis ampla de inclusión laboral. Na mesma contorna, outros usuarios do CEE Juan María xa xestionan un quiosco de prensa e o parking municipal da Ramallosa, consolidando un modelo de emprego protexido que o Concello aspira a que sirva de exemplo para outros municipios galegos.

TEMAS

Tracking Pixel Contents