Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A Biblioteca de Nigrán estará no Congreso Mundial de Arquitectos

premios

y O edificio nigranés representará a España nesta prestixiosa cita

Biblioteca Municipal de Nigrán.   | // HÉCTOR SANTOS DIEZ

Biblioteca Municipal de Nigrán. | // HÉCTOR SANTOS DIEZ

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
[Nigrán]

O edificio da Biblioteca Municipal de Nigrán será un dos proxectos de referencia de España no Congreso Mundial de Arquitectos que se celebrará en Barcelona do 28 de xuño ao 2 de xullo. O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) seleccionou o traballo do estudio vigués Gándara#Pons para ser exposto no espazo que ocupará o Consejo Superior de Arquitectos de España no evento, que reunirá a 10.000 participantes e 250 relatores de todo o mundo.

Non é a primeira vez que esta edificación recibe recoñecemento institucional. O COAG xa lle outorgara o galardón ao mellor edificio de nova planta construído en Galicia entre 2021 e 2022. Ademais, o proxecto gañou o premio ibérico Technal en 2022 e acadou o segundo posto nos Premios AyE 2024, cun xurado integrado por arquitectos de prestixio internacional.

O alcalde de Nigrán, Juan González, destacou o valor simbólico do recoñecemento: «É un edificio icónico que nos sitúa no mapa da mellor arquitectura moderna do país; sentímonos moi orgullosos deste edificio público».

Os seus autores, Lucas Gándara e Juan Pons, subliñaron o papel clave do Concello: «Déronos absoluta liberdade creativa, e iso para nós é un pracer, máximo cando se trata dun espazo cultural».

Tracking Pixel Contents