Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

«aPraza» enche de música a Praza Maior de Ponteareas

directo

y Hostaleiros e Concello unen forzas para dinamizar o centro cunha programación musical que se estenderá ata finais de setembro

Presentación do ciclo de concertos «aPraza».   | //D.P.

Presentación do ciclo de concertos «aPraza». | //D.P.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
[Ponteareas]

A Praza Maior de Ponteareas converterase este verán nun escenario de música en directo todos os martes ata finais de setembro. A iniciativa, bautizada como «aPraza, o teu plan dos martes», é froito da colaboración entre os hostaleiros da Praza Maior e o Concello de Ponteareas, e nace coa vocación de dinamizar o centro urbano, impulsar a actividade hostaleira e ofrecer un programa de lecer de calidade para veciños e visitantes durante os meses estivais.

O ciclo arrincou o 16 de xuño coa actuación de Tony’s Pianno, un dúo que combina a voz de Toño López co piano de Monano para ofrecer clásicos do pop e o soul reinventados en versións íntimas con aires de bossanova. Foi a primeira dunha longa serie de citas que percorrerán estilos musicais variados (pop, rock, folk e moito máis) co corazón de Ponteareas como telón de fondo.

O tenente de alcaldesa e concelleiro de Cultura, Juan Carlos González, salientou o valor desta alianza entre o sector privado e a administración local: «Esta iniciativa demostra a importancia da colaboración entre o tecido empresarial e o Concello para crear actividades que dean vida ás rúas e ás prazas. A música en directo é unha excelente ferramenta para dinamizar o comercio e a hostalaría e para converter a Praza Maior nun espazo de encontro e convivencia».

Pola súa banda, a alcaldesa Nava Castro animou á cidadanía a sumarse á proposta e subliñou o compromiso do goberno local coa cultura como motor social e económico: «Queremos unha Ponteareas viva, con actividade cultural e social durante todo o ano. ‘aPraza’ é un exemplo perfecto de como a colaboración permite ofrecer novas experiencias e contribuír ao dinamismo económico e social do municipio».

O Concello de Ponteareas convida a toda a veciñanza a reservar os martes de verán para desfrutar desta programación musical gratuíta no centro da vila. As actuacións celebraranse semanalmente ata finais de setembro, con afluencia de balde.

Tracking Pixel Contents