Aberto o prazo de inscrición para as actividades acuáticas
covelo
y A Concellería de Deportes organiza ximnasia acuática en xullo e cursos de natación en agosto na Piscina Municipal

Ximnasia na auga na piscina de Covelo. | // D.P.
O Concello de Covelo abriu o prazo de inscrición para as actividades deportivas de verán que se celebrarán na Piscina Municipal ao longo dos meses de xullo e agosto. A iniciativa, impulsada pola Concellería de Deportes, ten como obxectivo promover hábitos de vida saudables e achegar a práctica deportiva á veciñanza de todas as idades.
A programación estival articúlase en dúas fases diferenciadas. Durante o mes de xullo, do 1 ao 31, desenvolveranse sesións de ximnasia acuática dirixidas ao público adulto. En agosto, entre o 3 e o 31, celebraranse cursos de natación tanto para cativada como para persoas adultas, organizados en niveis de iniciación e perfeccionamento segundo as habilidades de cada participante.
O alcalde de Covelo, Juan Pablo Castillo Amigo, subliñou o valor destas actividades dentro da oferta estival do municipio: «A nosa piscina municipal convértese cada verán nun auténtico punto de encontro para veciños e veciñas, un espazo no que conviven deporte, lecer e convivencia. Ademais da veciñanza de Covelo, cada ano recibimos a persoas doutros concellos e tamén familias que escollen o noso municipio para pasar aquí as súas vacacións».
Os prazos de inscrición varían segundo a actividade. Para a ximnasia acuática, as solicitudes poderán presentarse ata o 29 de xuño. Para os cursos de natación, o prazo estará aberto entre o 1 e o 17 de xullo. As inscricións realizaranse nas oficinas municipais en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou de xeito telemático a través da sede electrónica do Concello.
A información completa, incluídas as bases e os formularios de inscrición, está dispoñible na páxina web municipal: www.concellodecovelo.es.
- Dos viajeras que perdieron un avión de Madrid a Bruselas por una avería del tren en Ourense no serán indemnizadas por el coste de los billetes adicionales para llegar a Bélgica
- Mueren dos hermanos de Salvaterra en un accidente frontal en Porriño
- Un centenar de personas conforman la batida más multitudinaria para encontrar a María Pereira
- La Panificadora de Vigo creará jurisprudencia nacional
- Depredadores terrestres en alta mar: «Capturábamos incontables tiburones. Hasta el punto de destruir el ecosistema»
- Las manchas naranjas en el mar por microalgas invaden playas de Aldán y O Hío
- Solo se fabrican un máximo 5 al año totalmente a mano y en Ourense: Así es el reloj gallego más exclusivo desde hace un siglo
- Tus heces por la ciencia: El Galicia Sur pide colaboración ciudadana para crear el primer observatorio de microbiota