«Vermú de Barrio» para pór a bailar o mes de xuño
concertos
y O ciclo arranca esta fin de semana con cinco actuacións gratuítas

Monos in Arms estrean hoxe o ciclo «Vermú de Barrio». | // D.P.
Nigrán retoma este xuño o seu ciclo «Vermú de Barrio», unha proposta que leva xa varios anos convertendo as prazas, paseos e terrazas do municipio nun escenario ao aire libre para a música en directo. A iniciativa, que conta co apoio da liña 2 do «Plan + Provincia» da Deputación de Pontevedra, arranca esta fin de semana cunha dobre sesión e esténdese ata o derradeiro domingo do mes con cinco concertos repartidos por diferentes localizacións de Nigrán.
Hoxe, o paseo da praia de Patos acollerá ás 12:30 horas a Monos in Arms, un trío especializado en versións funk dos grandes clásicos do pop, rock e soul. Guitarra, baixo e batería conforman unha formación que promete darlle ao público un bo arranque de fin de semana. Mañá, o domingo 14, será a quenda da escola de música Sonbeat, que ofrecerá na Praza da Biblioteca ás 17:30 horas o seu concerto de fin de curso. Máis de trinta cancións de estilos moi variados (pop, rock, blues, funk e jazz) interpretadas polo alumnado xunto aos seus profesores nunha actuación que busca, nas súas propias palabras, «gozar e facer gozar da música en directo».
O ciclo continúa o venres 19 de xuño coa actuación de Noite Son na terraza do Centro da Terceira Idade da Alameda da Ramallosa, a partir das 20:00 horas. Noite Fernández Guardoila preséntase só coa súa guitarra acústica e un pequeno set de percusión que manexa cos pés, creando unha experiencia íntima e rítmica que xa incorpora loops en algúns temas para enriquecer aínda máis o seu son.
Unha semana despois, o venres 26, a Praza do Concello recibirá ás 20:00 horas a Three Roosters, grupo miñorano de rock, folk e country que mestura temas propios con versións. Liderados polo nigranés Berto Misa á guitarra, xunto a Bruno Figueiras á voz e Fran Sánchez ao baixo, representan un dos sons máis arraigados na comarca.
O peche do «Vermú de Barrio» chegará o domingo 28 de xuño cun nome que non deixará indiferente a ninguén: Antía Pinal, cantante viguesa de 21 anos e gañadora do programa televisivo «La Voz 2025». Ven de publicar o seu primeiro single e presentarao neste concerto da Praza do Concello, xunto aos temas que a fixeron coñecida no programa, a partir das 12:30 horas.
O alcalde de Nigrán, Juan González, subliñou que o obxectivo do ciclo é múltiple: «Apoiar aos músicos locais, dinamizar o comercio e facilitar que a xente de todas as idades socialice nun horario familiar». Todas as actuacións están suxeitas ás condicións meteorolóxicas, polo que o Concello manterá actualizada a información nas súas redes sociais ante posibles cambios de última hora.
- La madre de un vigués de 25 años que falleció por un tumor cerebral: «¿Qué habría pasado si lo hubiesen operado un año antes?»
- La reconocida orquesta gallega París de Noia pierde a una de sus principales voces en la temporada de mayor actividad
- El mercadillo de Cangas cerró hoy a su hora entre lamentos de los comerciantes
- Bouzas activa el «plan B» para sus fiestas por la final de España y cambia el horario de una de las citas más esperadas en Vigo
- El grito de euforia de Nico Williams tras noquear a Francia: «Vamos carallo»
- El TSXG multa con 1.800 euros a un abogado gallego por presentar un recurso lleno de «alucinaciones» con decenas de citas inventadas por la IA
- La Cofradía de Pescadores de Aldán denuncia la presencia continuada de yates en el muelle, pese a estar probido
- El Celta renuncia a retrasar el partido de la primera jornada