Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Tomiño dixitaliza o seu patrimonio cunha nova web interactiva

conservación

y O Concello lanza unha plataforma en liña para explorar o legado histórico, natural e etnográfico do municipio

A nova web municipal inventaria o patrimonio tomiñés.   | // D.P.

A nova web municipal inventaria o patrimonio tomiñés. | // D.P.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
[Tomiño]

O Concello de Tomiño puxo en marcha unha web de patrimonio municipal que permite descubrir e consultar de forma interactiva todo o valor histórico, natural e etnográfico do municipio. A nova plataforma, dispoñible en galego e inglés, supón un paso adiante na difusión dun legado que forma parte da identidade colectiva de Tomiño.

A ferramenta reúne nun único espazo elementos históricos e arquitectónicos, recursos naturais singulares, árbores senlleiras, espazos de interese cultural e puntos de valor turístico. Todos estes contidos organízanse nun inventario estruturado que facilita a súa consulta, completado cun mapa interactivo no que se xeolocalizan os distintos elementos patrimoniais, fichas descritivas, unha listaxe filtrable por categorías e unha sección de rutas para percorrer o territorio vinculado ao seu patrimonio.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, presentou o proxecto salientando o seu carácter transformador: «Con esta nova web damos un paso fundamental na forma de entender e compartir o noso patrimonio. Non falamos só de preservar o que temos, senón de poñelo en valor, organizalo e facelo accesible para que calquera persoa poida coñecer mellor quen somos e de onde vimos». González engadiu que a ferramenta é «unha aposta pola educación e pola divulgación», co obxectivo de que o alumnado dos centros educativos poida traballar e enriquecer estes contidos, convertendo o patrimonio nunha parte viva do proceso de aprendizaxe.

O proxecto responde tamén ás demandas recollidas en iniciativas como o galardón Vilas en Flor, que subliñan a importancia de organizar e difundir o patrimonio, non só de conservalo. Ademais, o Concello destaca que a plataforma busca reforzar a difusión turística, permitindo que os visitantes descubran Tomiño dunha forma máis completa e sostible.

Tracking Pixel Contents