Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Fin de semana entre libros en Redondela

feira do libro

y O lema «A porta a universos infinitos» guía unha edición da feira con presentacións, teatro, obradoiros e concertos de acceso libre

Feira do libro de Redondela   | // D.P.

Feira do libro de Redondela | // D.P.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
[Redondela]

Redondela acolle unha nova edición da Feira do Libro na Alameda Castelao desde este xoves ata mañá, 14 de xuño. O recinto feiral abrirá as súas portas en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas, con un desconto do 10% en todos os títulos. A programación, impulsada pola Federación de Librarías de Galicia co apoio municipal, desenvólvese baixo o lema «A porta a universos infinitos».

A alcaldesa, Digna Rivas, subliñou o compromiso do goberno local co fomento da lectura e da cultura. Esta edición destaca pola forte presenza de autores e investigadores redondeláns, que serán protagonistas do programa oficial a través de encontros culturais e sinaturas de libros ligados á historia e identidade da vila.

Programación

Hoxe ás 19:30 horas, o autor Julio Alonso protagonizará na Carpa de Actividades o encontro «Do baile da gaita da muiñeira. Da tradición popular á construción dun símbolo colectivo», acompañado pola gaiteira Rebeca Carrera. Tamén hoxe, ás 12:00 horas, o investigador Juan Migueles asinará exemplares do seu «Calendario histórico de Redondela» na caseta da libraría Rosalía e Compañía.

A programación cultural abrangue espectáculos para todos os públicos. Hoxe actuarán Os Xogos do Paporrubio. O domingo pecharán a feira o concerto de Paco Nogueiras e un obradoiro creativo a cargo de Marc Taeger.

Na feira participan nove librarías: Pedreira, Porto, Boulevar Libraría Edicións, A Gata Tola, Cartabón, Rosalía e Compañía, Moliere, Uróboros e La Imprenta. O Concello anima á veciñanza a encher a Alameda estes días para celebrar a cultura e o libro galego.

Tracking Pixel Contents