Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Primeiros auxilios para bebés no Espazo Crianza

Primeira Infancia

y A iniciativa reuniu familias e persoas coidadoras nunha sesión participativa centrada na seguridade infantil

Formación de primeiros auxilios no Espazo Crianza.   | // D.P.

Formación de primeiros auxilios no Espazo Crianza. | // D.P.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
[O Rosal]

O Concello do Rosal celebrou unha nova actividade do programa Espazo Crianza cun monográfico sobre primeiros auxilios para bebés de 0 a 6 meses que espertou grande interese entre a veciñanza.

A sesión, guiada pola matrona Diana Ayude, reuniu participantes do programa, integrantes da súa rede de apoio e outras familias non inscritas, converténdose nun espazo aberto para compartir coñecementos, resolver dúbidas e adquirir ferramentas prácticas ante emerxencias nos primeiros meses de vida.

Durante a xornada abordáronse contidos clave de primeiros auxilios para bebés de 0 a 6 meses e abríronse conversas sobre cuestións de interese, como os novos modelos de alimentación infantil e os coidados básicos no fogar.

A concelleira de Benestar Social, Beatriz Rodríguez, destacou a boa acollida e o valor destes espazos formativos, subliñando que existe unha demanda real de información e acompañamento para as familias nun momento vital.

Segundo explicou, a crianza presenta retos constantes e contar con profesionais que orienten e resolvan dúbidas contribúe a achegar tranquilidade e seguridade ás persoas coidadoras e ás familias.

Rodríguez tamén salientou a vocación aberta do programa, dirixido non só ás familias participantes, senón tamén a avoas, avós e persoas da contorna dos bebés, reforzando a idea de que criar é unha tarefa compartida.

O Espazo Crianza consolídase así como un lugar de encontro, aprendizaxe e acompañamento no que as familias poden acceder a información rigorosa, compartir experiencias e crear vínculos nun ambiente próximo e acolledor.

Trátase dun proxecto municipal que continúa medrando e abrindo novas oportunidades para construír comunidade arredor da crianza e dos coidados, fortalecendo as redes de apoio locais e promovendo unha cultura de coidado compartido.

Tracking Pixel Contents