O Castelo de Santa Cruz acollerá a III Festa Miudiña da Guarda
O Concello da Guarda celebrará o vindeiro 18 de xuño a III edición da Festa Miudiña, unha iniciativa de convivencia e lecer dirixida a preto de 800 menores de educación infantil e primaria dos centros educativos do municipio. O Castelo de Santa Cruz será o escenario desta xornada, que se desenvolverá entre as 9:00 e as 13:30 horas nunha mañá pensada especialmente para os máis pequenos.
Durante o evento, a cativada poderá desfrutar de actividades plásticas, xogos dinámicos, inchables, actuacións e diversas propostas sorpresa nun ambiente de diversión e participación. A media mañá terá lugar unha merenda de convivencia conxunta na que tomarán parte todos os centros asistentes, favorecendo o encontro e a relación entre o alumnado dos diferentes colexios do municipio.
A festa está organizada pola OMIX do Concello da Guarda en colaboración con Alalá Sociedade Cooperativa, AGA Formación, Diviertt e A Esgalha.
Desde o Concello subliñan a importancia de crear espazos de socialización seguros para a infancia. Con motivo do evento, o acceso ao castelo permanecerá pechado durante a mañá do 18 de xuño.
- El Concello «encaja» el «Vigo Arena» en Teis: así es la propuesta de vanguardia que colocará la ciudad en el mapa de los grandes conciertos
- Tus heces por la ciencia: El Galicia Sur pide colaboración ciudadana para crear el primer observatorio de microbiota
- La Policía de Cangas ya puede puede multar en los núcleos de Aldán, Donón y Arneles
- Viejas virtudes, viejos defectos: el Celta empata en Braga
- Pilotos a ciegas y un tripulante asfixiado: urgen revisar el protocolo de seguridad por humo en algunos aviones tras el susto con un buitre en Madrid
- El miedo regresa a O Terrón tras otro incidente violento con el mismo protagonista
- Una boda con Obi-Wan Kenobi, Xena y dinosaurios hinchables
- El dueño del antiguo asilo de Cambados accede a dar una finca al Concello para una residencia