Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Maio entre xeracións en Salceda

lar da memoria

y Maiores, escolares e familias compartiron experiencias e tradicións ao longo do mes

Sesión final da «Maleta viaxeira» no Lar da Memoria.   | // D.P.

Sesión final da «Maleta viaxeira» no Lar da Memoria. | // D.P.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
[Salceda de Caselas]

O «Lar da Memoria: María Teresa Miras Portugal» de Salceda de Caselas converteuse en maio nun espazo vivo de convivencia interxeracional, acollendo diversas actividades organizadas por AFAGA coa colaboración da Consellaría de Benestar Social e o Concello.

A iniciativa máis destacada foi «A maleta viaxeira», unhas xornadas nas que o alumnado do CRA Raíña Aragonta visitou as instalacións para compartir tempo coas persoas maiores participantes no programa Cultiva a Mente. A cativada tivo a oportunidade de coñecer de primeira man como era a vida doutras épocas a través dos testemuños dos maiores, descubrindo obxectos e ferramentas tradicionais como antigas planchas, lámpadas ou medios de transporte. O intercambio de vivencias e aprendizaxes convertéuse no verdadeiro eixo das sesións.

Maio tamén trouxo ao Lar da Memoria a tradicional elaboración do Maio, actividade na que participaron xuntas a Escola Infantil Municipal Xoaniña e AFAGA. As familias tiveron un papel protagonista, achegando flores e implicándose de forma activa nun proxecto compartido que reflicte o traballo continuo entre ambas entidades ao longo de todo o ano.

A alcaldesa de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira, e a concelleira de Benestar Social, Selene González, asistiron á última sesión para poñer en valor a colaboración entre administracións públicas e o terceiro sector. «Seguiremos apoiando proxectos que favorezan o envellecemento activo, a transmisión da memoria colectiva e a participación da infancia na vida comunitaria, porque estamos convencidas de que o intercambio entre xeracións é unha das maiores riquezas que temos como sociedade», subliñou a rexedora.

Tracking Pixel Contents