A Guarda despide o curso con teatro e 40 anos de música
actividades
y O Centro Cultural e o Auditorio acollerán un fin de curso con teatro e o 40 aniversario do Conservatorio

Grupo de teatro infantil da Asociación FOCO. | // D.P.
A Guarda pon o broche final ao curso 2025-2026 cunha axenda cargada de emocións, aprendizaxe e celebración que reunirá a cativada, mocidade, maiores e familias en torno ás artes escénicas e á música.
O vindeiro 20 de xuño ás 13 horas, o Centro Cultural acollerá a representación de Rebelión na Biblio, a obra creada polo alumnado dos obradoiros de teatro infantil organizados polo Concello da Guarda e impartidos pola asociación FOCO. Durante máis de oito meses de traballo semanal, un grupo de menores de entre 6 e 12 anos construíu colectivamente esta divertida aventura que parte dunha pregunta inquedante: que faríamos se un día chegamos á biblioteca e non están os libros? Dende outubro, cada martes pola tarde, o Centro Cultural converteuse nun espazo de xogo, creatividade e expresión artística onde a rapazada desenvolveu habilidades de comunicación, cooperación e confianza.
Esta mostra infantil forma parte das funcións de fin de curso da asociación FOCO, que se completan coas obras O Monstro (venres 19 ás 19h, grupo de 13 a 17 anos), Con.texto (sábado 20 ás 18h, maiores de 60) e a performance inmersiva Modelos antilixentes (venres 19 ás 18:15 e sábado 20 ás 12:15 e 17:15, grupo de 18 a 30 anos).
Pero a semana cultural non remata aí. O mércores 18 de xuño, o Auditorio de San Benito será o escenario dun concerto especialmente emotivo; o de Fin de Curso do Conservatorio de Música da Guarda, que este ano coincide co seu 40 aniversario. Ás 20:00 horas, o centro celebrará catro décadas de formación musical e de compromiso cultural co municipio, rendendo homenaxe a todas as persoas (alumnado, profesorado e equipos directivos) que contribuíron á súa historia. O Concello anima á veciñanza a acompañar esta celebración.
- El gobierno de Cangas no dudará en enviar a la Policía Local si los vendedores del mercadillo vuelven a retrasar su marcha
- El mercadillo de Cangas cerró hoy a su hora entre lamentos de los comerciantes
- Grave imprudencia en Gondomar: interceptan a un niño de 10 años conduciendo una moto con su padre
- Muere un joven de Madrid tras impactar contra una furgoneta en Ourense
- El Sepe identifica cuáles son los empleos con más tirón y prevé que Galicia incorpore 16.000 nuevos cotizantes al año hasta 2028
- Los padres de la alumna con sumas erróneas en la nota de la PAU tras las revisiones denuncian «indefensión»: la corrección de la CiUG llega tras cerrar el primer llamamiento en varias comunidades
- La Cofradía de Pescadores de Aldán denuncia la presencia continuada de yates en el muelle, pese a estar probido
- Las titulaciones que cerraron con las notas de corte más altas del Sistema Universitario de Galicia: tres superan incluso a Medicina