A Guarda acolle hoxe a I Xornada de Xestión e Control da Acacia
O Centro Cultural da Guarda converterase hoxe no centro do debate sobre un dos grandes retos ambientais do territorio: a expansión da acacia.
Neste espazo terá lugar a I Xornada de Xestión e Control da Acacia, unha iniciativa impulsada pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da Guarda, coa colaboración do Concello da Guarda e outras entidades vinculadas á investigación, á xestión forestal e á conservación do medio natural.
O obxectivo principal desta xornada é xerar un espazo de encontro no que compartir coñecementos, experiencias e ferramentas de actuación fronte á invasión desta especie exótica, considerada unha das de maior impacto sobre os ecosistemas autóctonos da nosa contorna. A acacia representa unha ameaza crecente para a biodiversidade local, e o evento pretende ofrecer respostas concretas e baseadas na evidencia científica.
A xornada arrancou ás 09:30 horas coa recepción e acreditación das persoas participantes, e continuará cun acto inaugural institucional no que tomarán a palabra o alcalde da Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, e o presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da Guarda, Noé Ferreira-Rodríguez.
Seguidamente desenvolverase unha mesa de carácter científico e técnico na que especialistas da Universidade de Vigo e da Universidade de Coimbra analizarán os retos que presenta esta especie invasora e as metodoloxías máis eficaces para a súa xestión. Este bloque combinará o rigor académico con exemplos prácticos extraídos directamente do traballo sobre o terreo.
Tras unha pausa para o café, o programa retomará a actividade cun bloque centrado en experiencias concretas de control desenvolvidas no territorio, para pechar cun debate final que permitirá poñer en común conclusións e liñas de actuación futuras.
Como colofón, entre as 13:00 e as 14:00 horas está prevista unha visita técnica de campo na que se presentarán diferentes experiencias de control biolóxico da acacia, achegando aos asistentes á realidade práctica do traballo de xestión.
A asistencia é libre e gratuíta. Porén, a organización solicita inscrición previa por razóns loxísticas. As persoas interesadas poden rexistrarse a través do formulario dispoñible en: https://forms.gle/ZvZGrY8qYyaH84387
- Los padres de la alumna con sumas erróneas en la nota de la PAU tras las revisiones denuncian «indefensión»: la corrección de la CiUG llega tras cerrar el primer llamamiento en varias comunidades
- Así será la revolución que vivirá el frente litoral de Vigo en Teis: alquileres «tasados» durante 75 años, calidad arquitectónica, vida comercial, grandes dotaciones públicas y un bosque
- «Hemos visitado colegios y sorprende que niños de primaria no sepan identificar un pez tan característico y gallego como el rape»
- Víctor Fernández, afectado por la prohibición del Concello de Vigo: «Sin conciertos en mis chiringuitos tendré que despedir a gente»
- Muere un hombre mientras se bañaba en una playa de A Illa
- Así es el nuevo Teis que impulsa la Zona Franca de Vigo
- Condenan al Sergas por la extirpación «a ciegas» del útero a una joven de 33 años en Vigo
- Así eran nuestras playas antes de su urbanización y el desembarco de turistas