Gondomar impulsa a robótica educativa nas aulas
stem
y O programa LEGO Robotix achega a tecnoloxía ao alumnado de primaria do municipio

Paco Ferreira, alcalde de Gondomar, nunha das xornadas. | // D.P.
O Concello de Gondomar fixo balance da actividade educativa LEGO Robotix desenvolvida ao longo do curso escolar, unha iniciativa dirixida ao alumnado de educación primaria centrada na introdución á robótica e á programación de forma práctica e lúdica.
A actividade desenvolveuse nos distintos centros educativos do municipio e complementouse con sesións celebradas os sábados polas mañás nas instalacións municipais, o que permitiu ampliar a participación e achegar a proposta a máis familias.
Grazas a este programa, máis de cen menores tiveron a oportunidade de iniciarse no ámbito da robótica educativa, traballando a programación básica, a resolución de problemas, a creatividade e o traballo en equipo nun contorno dinámico.
Esta iniciativa amosou ser unha ferramenta de grande valor ao favorecer o desenvolvemento do pensamento lóxico e das competencias STEM, consideradas fundamentais para a formación das novas xeracións.
O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, valora de maneira moi positiva o desenvolvemento do programa, destacando o seu impacto na formación do alumnado e a boa acollida entre as familias e os centros participantes.
O rexedor sinalou que LEGO Robotix permitiu achegar a robótica e a programación aos máis novos dun xeito accesible, favorecendo a aprendizaxe a través da experimentación e do xogo.
Ferreira destacou tamén o crecente interese por este tipo de propostas educativas no municipio, reflectido na participación de máis de cen escolares ao longo do curso.
Ademais, subliñou que estas iniciativas contribúen a complementar a formación dos máis pequenos e a impulsar habilidades clave para o seu futuro académico e profesional, como o pensamento lóxico, a creatividade e o traballo colaborativo.
«O Concello de Gondomar continuará apostando por programas educativos innovadores que dean resposta ás necesidades actuais da mocidade, reforzando a aprendizaxe práctica e fomentando o interese polas disciplinas científicas e tecnolóxicas desde idades temperás no ámbito local», manifestou o rexedor.
- El afloramiento de aguas profundas por el viento de nordés «congela» a los bañistas de las playas de la ría de Vigo
- Adiós a los conciertos de verano en los chiringuitos de Vigo
- Portugal da luz verde a la acuicultura del futuro con su primera macrogranja de peces en alta mar
- Muere una mujer de 60 años tras caer en un pozo y electrocutarse en Vigo
- Travesía de Vigo recupera la normalidad después de que un tráiler bloquease la rotonda con Buenos Aires
- Cangas comienza a instalar vallas en las carreteras en el entorno de las playas para impedir aparcar
- Isabel y Adolfo, de Venezuela a Ourense con sus tres hijos para reabrir un puesto en la plaza de abastos: la inmigración que rescata el comercio en Ourense
- Nigrán concede licencia para un nuevo ‘glamping’ para 215 personas