Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Gondomar brilla coas alfombras de flores do seu Corpus Christi

Alfombra da escalinata da Igrexa este 2026.   | // D.P.

Alfombra da escalinata da Igrexa este 2026. | // D.P.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
[Gondomar]

Gondomar viviu unha das súas citas máis emblemáticas coa celebración do Corpus Christi, tradición que cada ano transforma o centro da vila grazas ao tecido asociativo e á implicación de centos de veciños e veciñas.

A alfombra floral da escalinata da igrexa de San Bieito, que cobre os seus 40 chanzos, converteuse de novo nunha das imaxes máis fotografadas da celebración e nun dos símbolos máis diferenciadores do Corpus gondomareño.

Nesta edición participaron nove asociacións: O Millor de Cada Casa, Centro Cultural de Mañufe, Politicamente Incorrectos, Centro Cultural de Donas, Novos Aires de Couso, Centro Cultural de Chaín, Centro Cultural Peitieiros, Fragafestas e Alfombristas Gondomar. O seu traballo encheu as rúas da vila de cor. O alcalde Paco Ferreira destacou que «o máis importante do Corpus non son só as alfombras, senón a unión que se crea arredor delas», e subliñou que «detrás de cada alfombra hai moitas horas de preparación e moita dedicación». O Concello agradeceu o esforzo de todas as persoas voluntarias que colaboraron na recollida, preparación e colocación dos materiais.

Tracking Pixel Contents