Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Aberta a inscrición para o XXXI Torneo de Fútbol Sala «Vila de Arbo»

deporte

y A competición celebrarase en xullo e repartirá 2.500 euros en premios

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
[Arbo]

Xa está aberto o prazo de inscrición para o XXXI Torneo de Fútbol Sala «Vila de Arbo». A competición, de carácter amador, desenvolverase os días 24, 25 e 26 de xullo no Pavillón Municipal de Deportes, aínda que as datas definitivas poderían axustarse en función dos equipos inscritos.

O alcalde, Horacio Gil, subliñou o compromiso do goberno local co deporte: «Este torneo non é só unha competición sa, senón un punto de encontro clave para a mocidade e os afeccionados».

O prazo de inscrición pecha o venres 17 de xullo, ou cando se completen as prazas. A cota por equipo é de 75 euros en conta máis 25 euros en man antes do primeiro partido. Os interesados deben cubrir o modelo e envialo ao correo da organización ou tramitalo pola sede electrónica do concello. A presentación e o sorteo de grupos terá lugar o sábado 18 de xullo ás 13:00 horas no Salón de Plenos.

En canto aos premios, repartiranse 2.500 euros en metálico: 1.200 para o campión, 700 para o subcampión, 400 para o terceiro e 200 para o cuarto clasificado, ademais de trofeos individuais e colectivos.

Tracking Pixel Contents