Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Recta final do XXVII FIT coas Letras Galegas como pano de fondo

títeres

y O festival despídese cunha fin de semana de rúas abertas, entrada libre e monicreques de catro continentes

«O estraño caso do dentista da rúa Brasov» de Troula.   | // TROULA CÍA

«O estraño caso do dentista da rúa Brasov» de Troula. | // TROULA CÍA

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
[Redondela]

Redondela vive esta fin de semana o peche do XXVII Festival Internacional de Títeres.

Despois dunha semana intensacon funcións de sala no Auditorio da Xunqueira, o teatro sae hoxe e mañá á rúa, con numerosos espectáculos con entrada de balde, que converterán prazas e alamedas nun escenario de fantasía ao alcance de toda a veciñanza.

A Praza da Xunqueira, a Alameda, o Palco da Música, a Casa da Torre e o Campo da Ra acollerán propostas de compañías de Francia, Arxentina, Portugal, Italia e Uruguay xunto co mellor da escena galega.

Hoxe, entre moitas outras propostas, o mítico Barriga Verde regresa ao Palco da Música, da man de Títeres Alakran, ás 17:00 e 19:00 mentres que as marionetas itinerantes de «Los Extintos» percorrerán as rúas en grande formato.

O domingo 17, coincidindo co Día das Letras Galegas, a ruada «De flor en flor… ou a fantástica viaxe do invisible» convida ao público a disfrazarse de insectos para celebrar a polinización nunha romaxe festiva que partirá desde A Fonte do Mouro ás 11:45 horas. O festival rematará ás 19:00 horas coa función «Classics» no Auditorio da Xunqueira.

A programación detallada pode consultarse en fitredondela.com.

Tracking Pixel Contents