Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Récord na festa anual da Asociación de Xubilados

vida social

y Máis de 500 maiores de Salceda celebraron a xornada de confraternidade con paseo por Lalín, xantar en Teo e baile

Directiva da Asociación xunto a representantes da corporación municipal, no xantar en Teo.   | // D.P.

Directiva da Asociación xunto a representantes da corporación municipal, no xantar en Teo. | // D.P.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
[Salceda]

A Asociación de Persoas Xubiladas e Pensionistas de Salceda bateu todos os seus rexistros a pasada fin de semana, cando máis de 500 persoas participaron na súa tradicional festa anual, convertida xa nun dos eventos máis esperados do calendario social do municipio.

A xornada arrancou cun paseo pola vila de Lalín, onde as persoas asistentes tiveron a oportunidade de percorrer diferentes puntos de interese do municipio. A continuación, os nove autobuses que organizou a asociación puxeron rumbo ao pobo de Teo, onde un ano máis se celebrou o xantar de confraternidade no Restaurante Los Robles. A tarde rematou, como é xa tradición, cunha animada sesión de baile que mantivo aos asistentes en pista ata a hora do regreso a Salceda.

O grupo de goberno municipal estivo representado pola alcaldesa Loli Castiñeira, a concelleira de Benestar Social, Selene González, e o concelleiro de Formación e Emprego, Xurxo Gregorio. A alcaldesa aproveitou o acto para felicitar á xunta directiva pola súa xestión, e subliñou a importancia desta celebración máis alá do aspecto lúdico. «Este non é un xantar sen máis; é un día de celebración de pertenza a un grupo que realiza múltiples actividades ao longo do ano, e que fai algo tan importante como acompañar na vellez e loitar contra a soidade non desexada», declarou Castiñeira.

A asociación, que engloba a 694 persoas de Salceda, Tui, O Porriño, Salvaterra e Vigo, é a maior da provincia no seu ámbito. Ao longo do ano desenvolve un amplo programa de actividades como ximnasia de mantemento (á que asisten máis de 100 persoas), cursos de novas tecnoloxías e plantas medicinais, ponencias sobre ciberdelincuencia e seguridade viaria, e saídas culturais a destinos como o Parque de Macelle, Celanova ou Allariz.

Tracking Pixel Contents