O Rosal presenta catro obradoiros de primavera
mocidade
y Haberá telleres de xoiaría, horticultura, exlibris e candeas

Presentación dos obradoiros de primavera. | // D.P.
O Concello do Rosal pon en marcha unha nova edición dos Obradoiros de Primavera, un ciclo de catro talleres prácticos e participativos que mestura tradición, sustentabilidade e creación contemporánea. A proposta, aberta a todos os públicos pero con prioridade para menores de 30 anos, desenvolverase en sábados alternos de maio e xuño, con prazas limitadas e prezos reducidos.
O programa arrancará o sábado 23 de maio cun obradoiro de xoiaría artesanal impartido por areladefe, no que as persoas participantes aprenderán a crear unha pulseira ríxida e texturizada en metal nunha sesión de catro horas. O 30 de maio será a quenda do taller «Fai a túa horta na fiestra», da man de Biophilia Axencia Ambiental, no que se elaborarán xardineiras con plantas aromáticas reutilizando caixas de viño.
En xuño, o día 6, Papelier impartirá un taller de impresión de exlibris, recuperando unha técnica histórica para personalizar obras literarias cun selo artístico propio. Pechará o ciclo o sábado 13 de xuño o obradoiro de candeas artesanais con Aga Formación, traballando con cera de soia ecolóxica e técnicas básicas de elaboración.
A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, destacou que esta programación «é unha forma de abrir o Concello á creatividade e ao tempo compartido», mentres que o concelleiro de Xuventude, Alejandro González, subliñou que «queremos que a xuventude atope actividades que lles dean ferramentas útiles e que sexan atractivas e diferentes ao habitual».
- Crecer en paz, dereito ou oportunidade?
- O Concello de Gondomar impulsa programas para maiores de 65
- Historia, tradición e sabor á beira do Miño
- Nigrán fecha o mes de xullo festexando ao seu patrón, San Fiz
- As mulleres cazadoras protagonizan unha xornada simbólica
- Récord na festa anual da Asociación de Xubilados
- O CrossFit rompe barreiras nas comarcas
- O Val Miñor celebra hoxe a XXXVI Festa da Bicicleta