O Rosal celebra as Letras Galegas con música tradicional
cultura
y Deixandar e os Gaiteiros da Xistra actúan mañá na Praza do Calvario
O Concello do Rosal conmemora o Día das Letras Galegas cun concerto gratuíto ao aire libre na Praza do Calvario. A cita, programada para este domingo 17 de maio ás 19.00 horas, reunirá ao grupo folk Deixandar e aos Gaiteiros da Xistra nunha tarde de música popular, tradición e celebración colectiva aberta a todos os públicos. En caso de choiva, o acto trasladarase ao auditorio municipal.
Os Gaiteiros da Xistra, asociación sen ánimo de lucro fundada en 1988, levan décadas dedicados á conservación e divulgación do folclore galego, cunha sólida traxectoria en investigación, publicacións e traballos discográficos sobre o patrimonio galego-miñoto. Deixandar achegará a súa reinterpretación do repertorio popular galego, creando unha atmosfera festiva e participativa.
A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, destacou que «as Letras Galegas son unha oportunidade para reivindicar unha cultura viva, a nosa lingua e as expresións artísticas que forman parte do que somos como pobo».
A xornada incluirá tamén a terceira edición do Rula Roupa Rosal, mercado de segunda man con música en directo de Kwai Chang Caine ás 13.00 h, espectáculo infantil co Mago Charlangas ás 18.30 h e un obradoiro de roupa reciclada ás 17.00 h, con inscrición previa en informacionxuvenil@orosal.gal.
- Crecer en paz, dereito ou oportunidade?
- O Concello de Gondomar impulsa programas para maiores de 65
- Historia, tradición e sabor á beira do Miño
- Nigrán fecha o mes de xullo festexando ao seu patrón, San Fiz
- As mulleres cazadoras protagonizan unha xornada simbólica
- Récord na festa anual da Asociación de Xubilados
- O CrossFit rompe barreiras nas comarcas
- O Val Miñor celebra hoxe a XXXVI Festa da Bicicleta