Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Letras Galegas con libros, música e maxia

tomiño

y Ledicia Costas e a Feira do Libro protagonizan esta fin de semana

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
[Tomiño]

As letras galegas volverán encher Tomiño de historias e encontros cunha celebración pensada para vivir a literatura dun xeito próximo e compartido. O Concello organiza unha dobre cita para conmemorar o Día das Letras Galegas combinando literatura infantil e xuvenil, música, actividades lúdicas e promoción da lectura en galego.

A programación arranca hoxe, sábado 16 de maio, coa visita da escritora Ledicia Costas, que presentará ás 12.00 horas no Espazo Isaura Gómez o seu novo libro, Bruxas e dragóns 1: Baba Iaga, con ilustracións de Luismi Pérez. Trátase dun libro-xogo cheo de aventuras fantásticas no que os lectores se converten en protagonistas dunha experiencia narrativa única, pensada para nenos a partir dos 10 anos.

Mañá, domingo 17 de maio, Día das Letras Galegas, a Praza do Seixo acollerá unha nova edición da Feira do Libro en Galego, de 10.00 a 14.00 horas. As persoas asistentes poderán mercar libros cun desconto especial do 30%, participar en obradoiros sobre lingua e literatura galega e gozar do concerto da Agrupación Musical de Goián. Tamén se repartirán camisetas, chapas e adhesivos ata fin de existencias.

Este ano a celebración está dedicada á escritora e xornalista Begoña Caamaño, figura clave da cultura galega contemporánea e referente do pensamento crítico, o feminismo e a defensa da lingua.

Dende o Concello destacan que esta programación busca «seguir fomentando o amor pola lectura e pola lingua galega entre persoas de todas as idades».

Tracking Pixel Contents