Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Folclore e contacontos para vivir o Día das Letras Galegas

conmemoración

y A Guarda programa dous actos para honrar a Begoña Caamaño e achegar a cultura galega a todas as idades

Diferentes grupos de música folk actuarán mañá na Guarda.   | // D.P.

Diferentes grupos de música folk actuarán mañá na Guarda. | // D.P.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
[A Guarda]

O Concello da Guarda enche de tradición e lingua galega esta fin de semana cun programa que combina folclore, literatura e maxia para o público familiar.

Hoxe, 16 de maio, ás 12:00h, a Biblioteca Municipal abre as portas ao contacontos Contos de sapos e bruxas, unha proposta familiar con humor e maxia protagonizada por bruxas moi pouco convencionais. A través de historias da literatura infantil, os máis pequenos xogarán coa palabra, a voz e a participación para reflexionar sobre a amizade, a diversidade e a identidade. Cada neno e nena marchará á casa cunha varita máxica de elaboración propia.

Mañá, domingo 17, ás 19:30h, o Auditorio de San Benito acollerá un festival folclórico coas actuacións de Vento Mareiro (con baile, pandeiretas e canto), o grupo de gaitas da terceira idade e o grupo de música tradicional Xente Xida.

Os tres grupos rendirán homenaxe á escritora e xornalista Begoña Caamaño, á quen están dedicadas as Letras Galegas 2026, lendo fragmentos das súas novelas entre actuación e actuación.

Tracking Pixel Contents