Aprazada a XXI Feira de Cultivos do Baixo Miño
agro
y A cita trasládase ao 22, 23 e 24 de maio na Praza Pintor Antonio Fernández

Íñigo Segurola, padriño da Feira, na edición do 2023. | // D.P.
A previsión de choiva e mal tempo obrigou ao Concello de Tomiño e á Asociación de Cultivos do Baixo Miño (acuBam) a atrasar un par de semanas a XXI Feira de Cultivos do Baixo Miño. A cita trasládase ao 22, 23 e 24 de maio na Praza Pintor Antonio Fernández de Goián, sen cambios na programación nin na esencia do evento.
A feira manterá expositores, concertos, conferencias, obradoiros e propostas innovadoras para achegar o sector verde á veciñanza de forma participativa. A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, subliñou que «preferimos agardar uns días e que a feira brille con luz propia, coa praza chea de vida». Pola súa banda, a presidenta de acuBam, Nuria Castro, destacou que «o tempo pode obrigarnos a adaptarnos, pero non frea nin o traballo nin a ilusión que hai detrás de cada edición».
Dende ambas as entidades animan á veciñanza e visitantes a reservar as novas datas. A programación actualizada está dispoñible na web https://feiradecultivos.gal/.
- Crecer en paz, dereito ou oportunidade?
- O Concello de Gondomar impulsa programas para maiores de 65
- Historia, tradición e sabor á beira do Miño
- Nigrán fecha o mes de xullo festexando ao seu patrón, San Fiz
- As mulleres cazadoras protagonizan unha xornada simbólica
- Récord na festa anual da Asociación de Xubilados
- O CrossFit rompe barreiras nas comarcas
- O Val Miñor celebra hoxe a XXXVI Festa da Bicicleta