Achégse a festa do Cristo da Victoria
festas
y Salvaterra celebra un ano máis as súas festas patronais cun programa cargado de música, e tradición

Lorena Soto e Marta Valcárcel presentaron a festa. | //D.P.
O Concello de Salvaterra de Miño prepárase para vivir uns días de festa grande con motivo das celebracións do Santísimo Cristo da Victoria. Durante os días 13, 14 e 15 de xuño, a vila acollerá un variado programa de actos que combinará tradición relixiosa e animación musical para todos os públicos.
As festas arrincarán o sábado 13 de xuño cunha noite de verbena no emblemático recinto amurallado da localidade. A partir das 22:00 horas, o grupo La Supersonic será o encargado de poñer o ritmo á primeira xornada festiva, coa colaboración do DJ Luis Lobato.
O domingo 14 será o día grande das festas. A xornada comezará cun marcado carácter relixioso: ás 12:30 horas celebrarase a Misa Solemne seguida da procesión en honra ao Santísimo Cristo da Victoria, un dos momentos máis emotivos e esperados polos veciños. Ao remate dos actos relixiosos, a Banda de Gaitas e o Grupo de Baile Pontenova ofrecerán un concerto que porá en valor a cultura e a tradición musical galega. Xa pola noite, a festa retomará o seu pulo coa actuación da Banda de Música de Salvaterra a partir das 20:30 horas, para dar paso á orquestra Kubo, que animará a verbena principal das festas.
O luns 15 de xuño porá o broche final a estas xornadas festivas cunha última verbena amenizada pola aclamada orquestra El Combo Dominicano.
O Concello de Salvaterra de Miño convida a todos os veciños e visitantes a participar nestas celebracións.
- Crecer en paz, dereito ou oportunidade?
- O Concello de Gondomar impulsa programas para maiores de 65
- Historia, tradición e sabor á beira do Miño
- Nigrán fecha o mes de xullo festexando ao seu patrón, San Fiz
- As mulleres cazadoras protagonizan unha xornada simbólica
- Récord na festa anual da Asociación de Xubilados
- O CrossFit rompe barreiras nas comarcas
- O Val Miñor celebra hoxe a XXXVI Festa da Bicicleta