Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Aberto o prazo para o I Certame de Moda «José Castro»

deseño

y A Caniza homenaxea ao seu deseñador máis internacional cunha competición dotada cun premio de 1.000 euros

Presentación do I Certame de Moda «José Castro».   | // D.P.

Presentación do I Certame de Moda «José Castro». | // D.P.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

D.P

[A Caniza]

O Salón de Plenos da Casa Consistorial da Caniza acolleu a presentación do I Certame de Moda para Novos Talentos «José Castro», unha iniciativa da Asociación Cultural e Artística José Castro en colaboración co Concello. O acto contou coa presenza do Alcalde Luis Piña e de membros da directiva da Asociación, entre eles Rosa e Araceli Rodríguez, nai e tía do deseñador, xunto ao modisto Cristóbal Vidal.

José Castro, natural da Caniza, foi un dos creadores galegos de maior proxección internacional nos anos 90. Formado en Barcelona, presentou coleccións en pasarelas de referencia como Londres e París e colaborou con importantes firmas do sector, sendo un referente da moda contemporánea.

O certame nace co obxectivo de apoiar, promover e visibilizar o talento emerxente da moda galega. O Alcalde subliñou que «este certame non só serve para apoiar aos novos talentos da moda galega, senón tamén para manter vivo o legado de José Castro, que sempre levou con orgullo o nome da Caniza».

A competición está dirixida a mozos e mozas de entre 18 e 35 anos empadroados en Galicia, así como a estudantes non galegos que cursen os seus estudos en centros formativos da comunidade. A colección gañadora recibirá un premio único de 1.000 euros.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 1 de xullo de 2026. As bases completas poden consultarse en www.caniza.org. A colección premiada desfilará o 26 de setembro de 2026 no Auditorio Municipal, no marco do XV Curso de Deseño e Patronaxe de Cristóbal Vidal.

Tracking Pixel Contents