Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Tomiño florece coa XXI Feira de Cultivos do Baixo Miño

agricultura

y Goián acollerá do 8 ao 10 de maio o gran escaparate do viveirismo galego, co paisaxista Íñigo Segurola como padriño desta edición

Presentación da XXI Feira de Cultivos do Baixo Miño.   | // D.P.

Presentación da XXI Feira de Cultivos do Baixo Miño. | // D.P.

[Tomiño]

A Praza Pintor Antonio Fernández de Goián converterase do 8 ao 10 de maio nun espazo de encontro, aprendizaxe e divulgación arredor da planta, a flor, a horta e os subministros. A Feira de Cultivos do Baixo Miño celebra a súa XXI edición consolidada como un dos grandes referentes do sector viveirista en Galicia.

Organizada pola Asociación de Cultivos do Baixo Miño (acuBam) e polo Concello de Tomiño, o evento ofrecerá durante tres días unha programación ampla con expositores, charlas, obradoiros, concertos e actividades para profesionais, empresas e público xeral. O recoñecido paisaxista e divulgador Íñigo Segurola será o padriño desta edición, á que tamén se suma a influencer Nuska Chousa, reforzando o carácter aberto e moderno do evento.

Obradoiros

Os obradoiros amplían a súa oferta tras o éxito das edicións anteriores, convertíndose nun dos grandes atractivos deste ano. A alcaldesa Sandra González destacou o valor estratéxico da feira: «Son máis de dúas décadas apoiando un sector clave, compartindo con veciñas e veciños un evento que reflicte talento, innovación e futuro». Desde acuBam subliñaron que o formato ao aire libre «demostra ser un acerto para achegar o sector á cidadanía e seguir medrando en calidade e participación».

Tracking Pixel Contents