Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O Rosal camiña hoxe pola senda dos pescadores

andaina

y Volven os roteiros sostibles cun percorrido de 8 quilómetros por Tamuxe

[O Rosal]

O Rosal acolle hoxe unha nova cita coas súas andainas interpretativas, o ciclo de roteiros que promove o turismo sostible e de proximidade para dar a coñecer o patrimonio natural, cultural e paisaxístico do territorio.

A andaina deste sábado percorre a Senda dos Pescadores do Río Carballas, en Tamuxe, nun itinerario lineal de 8 quilómetros de dificultade baixa-moderada e sen desnivel significativo, cunha duración aproximada de tres horas. O sendeiro, perfectamente balizado, une a área de lecer das Aceñas coa praia das Eiras, á beira do río Miño, e permite descubrir espazos singulares como o muíño das Aceñas, a área recreativa do Tamuxe, antigo serradoiro, a ponte sobre o río e a parroquia de San Miguel de Tabagón, nun recorrido que combina natureza, historia e paisaxe de maneira única.

A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, destacou que estas andainas son «unha gran ferramenta para coñecer e valorar o territorio cunha ollada máis pausada e consciente», e animou tanto á veciñanza coma ás persoas visitantes a participar nun espazo pensado para «compartir, aprender e desfrutar da contorna en comunidade».

Tracking Pixel Contents