Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O Porriño esteriliza preto de 200 gatos en 70 colonias felinas

benestar animal

y No último ano reforzouse o control destes animais e lanzouse unha campaña de concienciación cidadá

Membros de «Gatitude» xunto ao alcalde do Porriño.   | // D.P.

Membros de «Gatitude» xunto ao alcalde do Porriño. | // D.P.

[O Porriño]

A concellería de Medio Ambiente do Porriño esterilizou case 200 gatos repartidos en 70 colonias felinas controladas no municipio, con un total de 237 asistencias médicas. Segundo José Carlos González, responsable da área, este seguimento constante é esencial: «un control axeitado permite garantir o benestar animal e que os gatos enfermen menos».

O consistorio acaba de poñer en marcha unha campaña de concienciación dirixida á cidadanía sobre como actuar ao atopar un gato só na rúa. Está terminantemente prohibido introducir un gato descoñecido nunha colonia polo risco de contaxio, e recoller un animal para quedalo de forma permanente sen seguir os pasos legais (comprobación do chip, busca de propietario, comunicación a protectoras e respecto do prazo de dez días) pode constituír un delito.

Ademais, o Concello asinou un convenio coa protectora Gatitude, formalizada como asociación recentemente. O acordo cédelle un local na segunda planta da praza de Abastos para uso loxístico.

Silvia R. Taboada, de Gatitude, valorou o compromiso do concello, que conta cunha partida orzamentaria de máis de 20.000 euros para benestar animal. Ademais, ambas entidades preparan un evento solidario e artístico que se anunciará en próximas datas.

Tracking Pixel Contents