O Orballo Fest chega á Praza do Calvario
electrónica
y O festival de balde organizado polo Valinox Novás celebra hoxe unha nova edición
A Praza do Calvario converterase hoxe nun espazo de festa, música e gastronomía con motivo dunha nova edición do Orballo Fest, un festival de balde organizado polo Valinox Novás en colaboración co Concello de O Rosal.
O evento arrancará ás 20.30 horas cunha proposta pensada para dinamizar a vida cultural e social do municipio nun formato distendido e con vocación de continuidade.
O cartel musical abrirá coa sesión de DJ Piriz, á que seguirá a actuación de Os Netos do Rosal co seu espectáculo Operación Ascenso. A partir das 22.00 horas subirá ao escenario Famour Corner, mentres que Divergente tomará o relevo ás 23.30 h. Para pechar a noite, Joselete, Anxo Silva, G. Rich e Diego Wass porán o broche final a unha xornada cargada de ritmo e boa enerxía.
Ademais da oferta musical, o festival contará con gastronomía local, coctelería e numerosas sorpresas que completarán unha programación pensada para todos os públicos.
A entrada é completamente gratuíta, polo que a veciñanza e visitantes poderán gozar da velada sen ningún custo.
- Crecer en paz, dereito ou oportunidade?
- O Concello de Gondomar impulsa programas para maiores de 65
- Historia, tradición e sabor á beira do Miño
- Nigrán fecha o mes de xullo festexando ao seu patrón, San Fiz
- As mulleres cazadoras protagonizan unha xornada simbólica
- O CrossFit rompe barreiras nas comarcas
- O deporte base de Salceda brilla nos torneos internacionais de Portugal
- Música e ocio danse a man en Salceda de Caselas