Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A música vai aos barrios con «Concertos nas parroquias»

concertos

y A Agrupacion Musical da Guarda percorrerá tres espazos da vila para achegar a música clásica á veciñanza

«Concertos nas parroquias» en 2025.   | // D.P.

«Concertos nas parroquias» en 2025. | // D.P.

[A Guarda]

A Agrupación Musical da Guarda puxo en marcha o seu programa itinerante «Concertos nas parroquias», unha iniciativa que busca descentralizar a actividade musical e levar as súas actuacións aos diferentes barrios e recunchos da vila.

O ciclo arrancou o pasado sábado cun primeiro concerto na praza da Guía, que tivo lugar ás 19:30 horas.

A acollida da veciñanza reafirmou o ánimo da agrupación para continuar co calendario de actuacións previsto para as próximas semanas.

Próximas actuacións

O programa continuará en maio con dous concertos máis.

O sábado 2 de maio, a banda actuará na praza de Salcidos, mentres que o sábado 23 do mesmo mes pecharán o ciclo na Casa da Comunidade de Montes de Camposancos. Ambos os concertos comezarán ás 20:00 horas.

Esta proposta constitúe unha aposta polos espazos próximos á cidadanía fronte aos escenarios convencionais. O seu obxectivo pasa por garantir os dereitos culturais da poboación, facilitando o acceso á cultura nas contornas rurais e contribuindo a achegar a música clásica ao pobo.

Tracking Pixel Contents