A III Ruta Pinchoterra bate récords con 15.000 pinchos servidos
tapas
y A nova edición supera xa as cifras totais da segunda campaña con dúas semanas aínda por diante

Catro comensais disfrutan das tapas da III Ruta Pinchoterra. | // D.P.
Cunha semanas por diante para o remate da campaña, a III Ruta Pinchoterra xa rexistrou máis 15.000 pinchos servidos en 8 días, superando as cifras totais da edición anterior e confirmando o crecente interese da cidadanía pola oferta hostaleira local.
Son 24 os establecementos participantes este ano, repartidos tanto polo centro urbano coma polas parroquias do municipio. A diversidade é un dos sinais de identidade desta edición: os locais apostaron por propostas gastronómicas variadas que inclúen opcións veganas, vexetarianas e sen glute, garantindo así que calquera perfil de consumidor poida participar e gozar da experiencia.
A ruta estará activa ata o vindeiro 1 de maio, con servizo de pinchos todos os xoves e venres nos horarios publicados na web oficial. Quen aínda non participou está a tempo de sumarse: toda a información sobre os locais adheridos, as propostas culinarias e os premios en xogo pódese consultar en pinchoterra.concellodesalvaterra.com.
O sistema de participación é sinxelo. Cada consumidor debe recoller o seu pasaporte nun dos locais adheridos e conseguir un mínimo de catro selos, correspondentes a catro pinchos diferentes. Unha vez cubertos os datos persoais e indicado o pincho favorito, o pasaporte deposítase nas urnas dispoñibles nos propios establecementos.
Os participantes entran así no sorteo de atractivos premios: un primeiro premio de 200 euros, un segundo de 100 euros e un terceiro de 75 euros, todos eles para consumir nos locais adheridos. A isto súmanse 24 premios máis aportados polos propios establecementos e 10 bonos para o Espazo Termal de Teáns-Oleiros.
- Crecer en paz, dereito ou oportunidade?
- O Concello de Gondomar impulsa programas para maiores de 65
- Historia, tradición e sabor á beira do Miño
- Nigrán fecha o mes de xullo festexando ao seu patrón, San Fiz
- As mulleres cazadoras protagonizan unha xornada simbólica
- O CrossFit rompe barreiras nas comarcas
- O Val Miñor celebra hoxe a XXXVI Festa da Bicicleta
- Nigrán énchese de música tradicional para cantar as letras