Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Diversidade e igualdade nas aulas mosenses

equidade

y O Concello pon en marcha talleres educativos e un «escape room» para fomentar a inclusión e o pensamento crítico en Infantil e Primaria

Alumnado do CEIP Petelos no «escape room» «O regreso da pirata silenciada».   | //D.P.

Alumnado do CEIP Petelos no «escape room» «O regreso da pirata silenciada». | //D.P.

[Mos]

O Concello de Mos desenvolve este curso un programa de actividades educativas centradas na diversidade e na igualdade nos centros de ensino do municipio, con propostas adaptadas a cada etapa e un enfoque participativo.

No ámbito de Educación Infantil, o programa de obradoiros dirixido ao alumnado de 3, 4 e 5 anos estrutúrase en tres propostas diferenciadas. Os máis pequenos, de 3 anos, participan en «Dimo coas mans», unha introdución á linguaxe de signos a través do xogo e a narración. O alumnado de 4 anos traballa con «Catro esquiniñas de nada», centrado na comprensión da diversidade como valor positivo mediante dinámicas colaborativas. Finalmente, en 5 anos, o taller «Superheroes» propón retos que fomentan a empatía e a superación de barreiras. As sesións, de entre 45 e 50 minutos, son impartidas pola profesional Rocío Sánchez e desenvólvense no CEIP Atín, CEIP Mestre Valverde Mayo, CEIP Peña de Francia, CEIP Mestre Martínez Alonso e CEIP Petelos.

Precisamente este último centro protagonizou outra iniciativa destacada: un escape room titulado «O regreso da Pirata Silenciada», no que participou toda a comunidade educativa. A través de probas que incluíron código morse, programación, robótica e gravación de podcast, o alumnado abordou estereotipos, micromachismos e referentes históricos da igualdade, cun enfoque vinculado ao ODS 14. O concelleiro de Igualdade, Leo Costas, valorou «a importancia de traballar a igualdade de maneira transversal con ferramentas que favorezan a reflexión crítica».

Tracking Pixel Contents