Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Un ciclo de charlas pola saúde mental da mocidade

educación

y O Concello e as ANPA organizan tres encontros en quince días para abordar o impacto das pantallas e o benestar emocional dos adolescentes

Faladoiro «Eu SaudableMente» con Andrea Iglesias.   | // D.P.

Faladoiro «Eu SaudableMente» con Andrea Iglesias. | // D.P.

[A Guarda]

A Guarda acolle durante o mes de abril un ciclo de tres charlas centradas no benestar da adolescencia, promovido conxuntamente polas ANPA e o Concello.

Desconectar para conectar

O pasado venres 17 de abril, a Casa dos Alonso acolleu o faladoiro «Desconectar para conectar», sobre dependencia dixital e o impacto das pantallas na infancia. Estivo impartido polo enfermeiro de saúde mental e activista de Adolescencia Libre de Móbiles, Xulio Carmona, e pola docente de secundaria Menchu Outón. O acto acompañouse dunha exposición visual do ilustrador galego Kiko da Silva titulada «Medrar con pantallas non é o mesmo ca o progreso».

Eu saudablemente

O xoves anterior rematou o proxecto «Eu Saudablemente», cunha sesión aberta a familias a cargo da psicóloga Andrea Iglesias, que previamente traballara co alumnado de 1º e 2º da ESO ao longo de tres sesións, e unha sesión co de 3º e 4º da ESO do IES A Sangriña.

O obxectivo principal era ensinar aos titores legais acompañar aos adolescentes e a comunicarse mellor con eles.

Na sesión explicáronse os cambios sociais da adolescencia, identificando as súas principais preocupacións en saúde mental.

Última oportunidade

O ciclo pecharase o vindeiro xoves 30 de abril ás 18:00 h no Centro Cultural coa pedagoga e especialista en neuroeducación María Couso.

O faladoiro que facilitará, «Cerebro e pantallas», centrarase nos efectos dunha exposición precoz e mal xestionada das pantallas na infancia, así como estratexias para evitalos.

O acto contará con servizo de conciliación e canguraxe gratuíto.

Tracking Pixel Contents