A Caniza acolle con éxito o seu terceiro campionato do ano 2026
patinaxe
y O ‘skatepark’ municipal acolleu unha proba federada de Aggressive Roller con alta participación e gran ambiente

Participantes no Campionato de Freestyle Street Park. | // D.P.
O skatepark da Caniza foi escenario do Campionato Galego de Freestyle Street Park 2026, terceira cita de deporte urbano celebrada no municipio no que vai de ano. A proba, organizada polo Club Rollerblading Unity en colaboración coa Federación Galega de Patinaxe, a Xunta de Galicia e o Concello, reuniu a patinadores e patinadoras de toda Galicia nunha competición federada de freestyle agresivo onde se puxeron a proba a técnica, a creatividade e a habilidade.
A competición, presentada polo speaker Miguel Fernández, estruturouse en seis categorías (Sub 10 mixta, Sub 15 e Sub 19 en masculino e feminino, e sénior mixta), garantindo a participación de deportistas de todas as idades. Pola mañá desenvolveuse a fase de Street e Skatepark, mentres que a competición principal tivo lugar pola tarde.
O alcalde Luis Piña, o concelleiro Miguel Anxo Gómez e a presidenta da Federación Galega de Patinaxe, María Jesús Vázquez, foron os encargados de entregar os premios. Piña salientou a importancia destas iniciativas para impulsar a disciplina, que no último mes reuniu no skatepark a centos de afeccionados en tres eventos consecutivos, reforzando a proxección da instalación como referente autonómico.
- Crecer en paz, dereito ou oportunidade?
- O Concello de Gondomar impulsa programas para maiores de 65
- Historia, tradición e sabor á beira do Miño
- Nigrán fecha o mes de xullo festexando ao seu patrón, San Fiz
- As mulleres cazadoras protagonizan unha xornada simbólica
- O CrossFit rompe barreiras nas comarcas
- O deporte base de Salceda brilla nos torneos internacionais de Portugal
- Música e ocio danse a man en Salceda de Caselas