Baiona celebra o Día do Libro
visitas
y O Arquivo e a Biblioteca pecharon unha semana chea de actividades
O Arquivo Histórico e a Biblioteca Pública Municipal de Baiona pecharon unha exitosa programación especial con motivo do Día Internacional do Libro, celebrado o 23 de abril, que reuniu á veciñanza, especialmente aos máis cativos, en torno á lectura e á cultura.
Os actos arrancaron o propio xoves 23 de abril coa visita dos usuarios de Avelaíña ás instalacións municipais. Pola tarde, o Arquivo e a Biblioteca acolleron o espectáculo musical e teatral Ramona Órbita, a dona do tempo, a cargo de Pakolas. A obra, dirixida a cativada de entre 3 e 9 anos, combina narración e música para contar a historia de Ramona Órbita, unha muller labradora e científica do Courel que, coa axuda dunha máquina do tempo, viaxaba ao pasado e ao futuro en busca de tecnoloxía para construír un mundo máis ecolóxico. Unha proposta que rompe estereotipos e aposta polos valores medioambientais.
A programación continuou onte coa visita da escola infantil A Galiña Azul, e rematará o luns 27 de abril coa chegada da escola infantil O Areal. Realízanse estas visitas en vista do crecente interese polos servizos bibliotecarios: en 2025 rexistráronse 6.109 usuarios e 11.543 préstamos, fronte aos 5.761 usuarios e 10.739 préstamos de 2024.
- Crecer en paz, dereito ou oportunidade?
- O Concello de Gondomar impulsa programas para maiores de 65
- Historia, tradición e sabor á beira do Miño
- Nigrán fecha o mes de xullo festexando ao seu patrón, San Fiz
- As mulleres cazadoras protagonizan unha xornada simbólica
- O CrossFit rompe barreiras nas comarcas
- O deporte base de Salceda brilla nos torneos internacionais de Portugal
- Música e ocio danse a man en Salceda de Caselas