Abril, mes dos libros en Tomiño
actividades
y Esta iniciativa busca achegar a cultura a todas as idades
A música e os libros son os grandes protagonistas deste mes en Tomiño. Co gallo do 23 de abril, Día Mundial do Libro, o Concello puxo en marcha un ciclo especial que combina catro concertos, dous para público adulto e dous para público familiar, co obxectivo de unir literatura e música en directo e ofrecer experiencias únicas e enriquecedoras para toda a veciñanza.
A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, subliñou a importancia desta iniciativa: «Queremos que a música e a lectura camiñen da man, fomentando a creatividade, a imaxinación e o pracer de compartir momentos culturais en familia ou coas amizades, tamén en galego. Estes concertos son unha oportunidade para gozar, descubrir e aprender ao mesmo tempo». A rexedora destacou ademais que o ciclo «é un exemplo de como podemos achegar a cultura a todas as idades, celebrando a nosa lingua, a música e a imaxinación dun xeito lúdico e participativo».
O programa comezou co concerto do dúo galego Terrae, o espectáculo familiar «Lembra Xabarín», e o emotivo Concerto do Socio da Agrupación Musical de Goián. O Mago Teto pechou o programa con «Rock ‘N’ Magic», unha actuación que mesturou rock and roll, maxia, guitarra e batería para toda a familia.
- Crecer en paz, dereito ou oportunidade?
- O Concello de Gondomar impulsa programas para maiores de 65
- Historia, tradición e sabor á beira do Miño
- Nigrán fecha o mes de xullo festexando ao seu patrón, San Fiz
- As mulleres cazadoras protagonizan unha xornada simbólica
- Récord na festa anual da Asociación de Xubilados
- O CrossFit rompe barreiras nas comarcas
- O Val Miñor celebra hoxe a XXXVI Festa da Bicicleta