Plan de tarde coa «Gala no camiño das Artes»
Carlos casares
y Terá lugar hoxe, no Auditorio Municipal a partir das 18:00 horas, e entregaranse os premios do III Certame de Relato Curto para escolares de Nigrán

O coro Covacanta actuará esta tarde na Gala. | // D.P.
Nigrán acollerá hoxe a cuarta edición da «Gala No Camiño das Artes», organizada polo Concello e a Fundación Carlos Casares no Auditorio Municipal a partir das 18:00 horas con entrada libre ata completar a cabida.
O acto central da Gala será a entrega de premios do III Certame de Relato Curto para escolares de Primaria matriculados nos colexios do municipio.
Esta edición tiña como reto ambientar as historias en Nigrán con Lolo e a súa bicicleta como protagonistas, en homenaxe ao libro que Casares publicou en 1996.
Os cinco primeiros clasificados recibirán un lote de libros e todos os participantes obterán un diploma que acredite a súa participación no concurso; xa que o máis importante sempre é participar.
Actuacións
A gala contará coas actuacións das Bandas Infantil e Xuvenil da Agrupación Musical de Vincios, dirixidas por María García Bustos; o Coro Covacanta da ANPA Cova Terreña, baixo a dirección de Nuria Zúñiga Fernández; e a Escola de Baile L’Danzia, de Lorena Benítez Pereira.
Inauguración
Previamente, o alcalde Juan González, xunto á familia do escritor e membros da Fundación, descubrirán na Praza da Biblioteca o segundo chanzo da escaleira adicada a autores ilustres da comarca.
O primeiro instalouse en xuño en honra de Alfonso Álvarez Cáccamo. O novo paso levará gravada no granito unha frase de Casares escollida pola Fundación, que se revelará no momento.
«Carlos Casares está ligado para sempre a Nigrán e queremos que a nosa mocidade así o sinta», subliñou o alcalde González.
- Crecer en paz, dereito ou oportunidade?
- O Concello de Gondomar impulsa programas para maiores de 65
- Historia, tradición e sabor á beira do Miño
- Nigrán fecha o mes de xullo festexando ao seu patrón, San Fiz
- As mulleres cazadoras protagonizan unha xornada simbólica
- O CrossFit rompe barreiras nas comarcas
- O deporte base de Salceda brilla nos torneos internacionais de Portugal
- Música e ocio danse a man en Salceda de Caselas