Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Obradoiro en Barciademera para conectar coas herbas

fitoterapia

y Será unha xornada para aprender a identificar e usar plantas medicinais

[Covelo]

A primavera chega tamén en forma de aprendizaxe. A Fundación Eomaia organiza o vindeiro 25 de abril, entre as 11.00 e as 14.00 horas, un obradoiro de Plantas Medicinais de Primavera «Botiquín Natural «na Sala de Barciademera, en Covelo.

A actividade propón un achegamento práctico ao uso de especies vexetais comúns nesta estación, co obxectivo de crear un pequeno botiquín natural.

Durante a sesión, as persoas participantes aprenderán a recoñecer plantas medicinais da contorna e a elaborar preparados sinxelos para limpar e activar o sistema hepático, así como para coidar e nutrir a pel de maneira natural. O encontro está pensado como un espazo para observar, experimentar e integrar ferramentas de benestar no día a día.

O obradoiro combina coñecemento tradicional e prácticas accesibles para quen desexe dar os primeiros pasos no uso responsable das plantas.

A inscrición ten un prezo de 10 euros por persoa, e pode formalizarse no teléfono 618 788 163.

A actividade será impartida por Vanesa Perozo Comesaña.

Tracking Pixel Contents