O Caimán do Río Tea lanza Vou pa Portujal
discos
y A mítica banda ponteareana celebra 35 anos de rock caimán coa presentación do seu novo álbum

O caimán do río Tea. | // D.P.
O próximo sábado 18 de abril, a sala JJ Copas de Ponteareas acolle a festa de presentación do novo disco de O Caimán do Río Tea, Vou pa Portujal. A xornada arrincará ás 20 horas coa proxección do novo videoclip da banda, dirixido por Sabela Mar, e unha sesión de sinatura de discos. Ás 12 da noite chegará o momento culminante: a estrea en directo do álbum, con Hijos de Puchini como teloneiros.
No concerto tamén participarán dous dos colaboradores do disco: Tonhito de Poi, que presta a voz no tema «Son do Mar», e María Reirís, que interpreta «Todas queren seren coma ti».
Vou pa Portujal reúne dez cancións novas de rock de tres minutos, marca da casa, con letras cheas de ironía e anécdotas, sen florituras. Gravado en novembro de 2025 nos estudos Lufs de Ponteareas baixo a supervisión de Damian Mo, será editado polo selo ferrolán Ferror Records. A formación clásica do cuarteto incorpora agora a Andrés González nos teclados. A portada é obra da ilustradora Andrea F. Pino.
35 anos de rock
O 23 de febreiro de 1991, catro rapaces debutaban na Feira Vella de Ponteareas como «O Caimán do Río Tea e os moros que atacan a la aldea». Trinta e cinco anos despois, a banda que marcou xeracións co seu himno «Estou Nunha Lavadora» no Xabarín Club demostra que o rock caimán segue a ter dentes.
- Crecer en paz, dereito ou oportunidade?
- O Concello de Gondomar impulsa programas para maiores de 65
- Historia, tradición e sabor á beira do Miño
- Nigrán fecha o mes de xullo festexando ao seu patrón, San Fiz
- As mulleres cazadoras protagonizan unha xornada simbólica
- O CrossFit rompe barreiras nas comarcas
- O deporte base de Salceda brilla nos torneos internacionais de Portugal
- Música e ocio danse a man en Salceda de Caselas