MOXOM leva o mar á Casa dos Alonso cunha mostra
talla
y A exposición Mar de ideas poderá visitarse ata o 24 de abril

MOXOM leva o mar á Casa dos Alonso cunha mostra
A Casa dos Alonso abriu as súas portas para acoller Mar de ideas, a nova exposición do escultor Xosé Manuel Rodríguez Mojón, coñecido artisticamente como MOXOM.
O acto inaugural tivo lugar onte, e a mostra permanecerá aberta ao público ata o 24 de abril, de luns a venres en horario de 9:00 a 15:00 horas.
Mar de ideas reúne unha coidada escolma de esculturas que percorre a traxectoria deste artista autodidacta, ao que se suman algunhas pezas inéditas que se presentan ao público por primeira vez. O propio autor explica o sentido do título: «As ideas para crear son para min como o mar: infinitas e inagotables». Esa filosofía impregna cada peza dunha obra que non coñece límites nin esgotamento.
MOXOM
MOXOM leva máis de trinta anos dedicado á talla en madeira, un oficio que exerce cunha marcada sensibilidade ecolóxica.
Os materiais que emprega non proceden de talas comerciais, senón que os recolle en encoros, camiños e leiras, recuperando madeiras abandonadas para darlles unha nova vida artística. Esta forma de traballar converte cada escultura nun obxecto con historia propia, rescatado do esquecemento.
Cunha produción que supera as 3.000 pezas e máis de 85 exposicións realizadas entre España e Portugal, MOXOM é unha das voces máis sólidas da escultura en madeira do noroeste peninsular. Mar de ideas é unha oportunidade única para descubrir ou reencontrar a obra dun creador que encontra na natureza tanto a materia prima como a inspiración.
- Crecer en paz, dereito ou oportunidade?
- O Concello de Gondomar impulsa programas para maiores de 65
- Historia, tradición e sabor á beira do Miño
- Nigrán fecha o mes de xullo festexando ao seu patrón, San Fiz
- As mulleres cazadoras protagonizan unha xornada simbólica
- O CrossFit rompe barreiras nas comarcas
- O deporte base de Salceda brilla nos torneos internacionais de Portugal
- Música e ocio danse a man en Salceda de Caselas