I «Game Of Bike league» galego na Caniza
bmx
y O skatepark municipal reunirá 8 riders nun formato eliminatorio espectacular
O creador de contido e apaixonado do BMX Ricki Serrano, coñecido nas redes como RickiRides, presentou no Skatepark da Cañiza a iniciativa «Game Of Bike LEAGUE», xunto co alcalde Luis Piña.
O evento celebrarase o próximo 18 de abril, de 11:30 a 15:00 horas, e supón unha proposta sen precedentes no panorama do BMX galego.
Procedemento
A competición reunirá 8 riders que se enfrontarán en roldas eliminatorias seguindo as regras clásicas do Game Of Bike: cada participante deberá replicar os trucos do seu rival e quen falle irá acumulando as letras da palabra «BIKE» ata quedar eliminado. Precisión, creatividade e capacidade de análise serán determinantes en cada enfrontamento, ata que un único gañador se leve o título.
Ricki Serrano subliñou que «A Caniza conta co que para min é o mellor skatepark de Galicia», e destacou o potencial da escena local como motor para consolidar este formato a nivel nacional.
O alcalde Luis Piña animou á veciñanza e visitantes a achegarse ao evento, salientando o valor de iniciativas que dinamizan a vida deportiva e social do municipio.
- Crecer en paz, dereito ou oportunidade?
- O Concello de Gondomar impulsa programas para maiores de 65
- Historia, tradición e sabor á beira do Miño
- Nigrán fecha o mes de xullo festexando ao seu patrón, San Fiz
- As mulleres cazadoras protagonizan unha xornada simbólica
- O CrossFit rompe barreiras nas comarcas
- O deporte base de Salceda brilla nos torneos internacionais de Portugal
- Música e ocio danse a man en Salceda de Caselas