Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

FormaMOS celebra a súa quinta edición cun espazo para todos

educación

y A feira amplía a súa oferta cunha programación que inclúe unha xornada adicada ao gaming

Sobre estas liñas, estudantado mosense en formaMos 2025. á dereita, a alcaldesa Nidia Arévalo coa mascota de feira. 
  | // D.P.

Sobre estas liñas, estudantado mosense en formaMos 2025. á dereita, a alcaldesa Nidia Arévalo coa mascota de feira. | // D.P.

[Mos]

Mos acolle estes días 9, 10 e 11 de abril a quinta edición de FormaMOS, unha feira de formación que cuxo espazo aberto é un punto de encontro entre a educación, a cultura e a participación social.

FormaMOS celebra a súa quinta edición cun espazo para todos

FormaMOS celebra a súa quinta edición cun espazo para todos

O evento reune máis de 80 stands e prevé recibe arredor de 3.000 visitantes ao longo das tres xornadas que rematan hoxe.

Programación

A programación do espazo aberto arrancou o xoves, coincidindo coa inauguración oficial. Ao longo da mañá, o público puido participar en diversas propostas: a empresa Ondas e Perfil abriu o día cun obradoiro de cambio de imaxe ás 10:00, seguido dun obradoiro de RCP e comercio a cargo do IES A Guía ás 10:30, e dunha actuación de música en vivo da Escola de Música de Torroso ás 11:00. Ás 12:00 tivo lugar a inauguración oficial coa visita de autoridades, á que se lle sumou a ponencia do experto en educación emocional Rafa Guerrero, un dos momentos máis destacados desta edición.

Onte, a programación centrouse na inclusión e na participación. A xornada comezou cunha actividade moi esperada: un obradoiro de lingua de signos española impartido pola Federación de Persoas Xordas de Galicia entre as 9:00 e as 10:00 horas. Ao mediodía, a entidade COGAMI presentou en dúas sesións a súa escenificación «Eu decido», unha proposta que aborda a autonomía e os dereitos das persoas con discapacidade. Completaron a xornada un novo obradoiro de RCP do IES A Guía ás 11:00, outro obradoiro de cambio de imaxe de Ondas e Perfil ás 12:00, e a proposta audiovisual «Imaxes en bucle» da Aula D ás 13:00.

Último día

O peche da feira chegará hoxe, 11 de abril cunha xornada especial dedicada ao gaming que se estenderá de 12:00 a 20:00 horas. O programa incluirá zonas de xogo libre e competicións con máis de 100 euros en premios, pensadas para achegar o lecer dixital ao ámbito educativo e fomentar a participación do público máis novo.

Con esta programación, FormaMOS procura transmitir unha imaxe participativa e diversa, superando a orientación académica tradicional para converterse nun espazo de encontro interxeeracional e inclusivo.

Tracking Pixel Contents