Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A Festa da Rosa xa ten valedores e valedoras para este 2026

homenaxe

y Dani Burgos, Patricia Martínez, Celta Integra, Radio Vigo e María José Gómez recibirán o recoñecemento

Pleno no que se aprobou o nomeamento dos valedores.   | // D.P.

Pleno no que se aprobou o nomeamento dos valedores. | // D.P.

[Mos]

O Concello de Mos aprobou en pleno o nomeamento dos Valedores e Valedoras da Festa da Rosa 2026, distinción que este ano recoñece traxectorias vinculadas á cultura, o deporte, o rural, a comunicación e a inclusión social.

Daniel Burgos Paz recibe o recoñecemento pola súa labor á fronte da Rondalla Santa Eulalia durante máis dunha década e a súa participación na película Rondallas. A deportista Patricia Martínez, referente do baile deportivo con títulos estatais e internacionais, incluído un campionato do mundo, tamén figura entre os valedores. A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, é recoñecida pola súa defensa do sector primario, nun ano no que a festa incorpora a exaltación do Viño Rosado de Galicia. Radio Vigo recibe a distinción como referencia histórica da comunicación na comarca, e o proxecto Celta Integra, polo seu labor de inclusión a través do deporte, con presenza de xogadores mosenses.

No apartado de mocidade, Alba Salgueiriño e Óscar Molinos, estudantes do IES de Mos, serán os Valedoriños polo seu esforzo académico e capacidade de superación ante situacións de saúde complexas.

A Festa da Rosa, declarada de Interese Turístico de Galicia, celebrarase o vindeiro 13 de xuño.

Tracking Pixel Contents