A décimo oitava edición da Festa da Sementeira xa ten cartel

Presentación da XVIII Festa da Sementeira de Corzáns. | // D.P.
A Asociación Cultural Quinta do Piñeiro presentou, no Pazo das Barreiras de Salvaterra de Miño, a programación da décimo oitava edición da Festa da Sementeira e Música, que se celebrará os días 8, 9 e 10 de maio.
No acto interviron membros da asociación xunto a representantes institucionais como o Deputado de Cultura, Jorge Cubela, e a alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel. Tamén estiveron presentes Rafa e Iris, integrantes de Caimán do Río Tea e Bareixa, dous dos grupos confirmados para o festival.
Este ano o evento recupera o formato de tres días. O venres pola mañá celebraranse xornadas para o CRA A Lagoa, ACCESCA e ADAPTA, e pola noite actuarán Bareixa, Storrentos e o dillei Sapoconcho Sem Poncho. O sábado, na área recreativa Muiño da Ponte, haberá concentración de tractores clásicos, postos de artesanía, obradoiros infantís, o espectáculo de Duende Circo e concertos de Meizoi, Os Varuncas, Kortalumes, SÉS, Orquestra Bravú Xangai, Caimán do Río Tea e os DJs de La Duendeneta. O domingo estará marcado pola labrada con bois, olimpiadas agrícolas e actuacións de Sons da Raia, Naiama, Os Carunchos, Hijos de Puchini, Festicultores Troupe e Sons das Tabernas.
Como novidade, presentáronse os pregoeiros deste ano, procedentes da Cofradía do Txuletón. A organización tamén destacou que, por segundo ano consecutivo, contarán cunha intérprete de lingua de signos.
- Crecer en paz, dereito ou oportunidade?
- O Concello de Gondomar impulsa programas para maiores de 65
- Historia, tradición e sabor á beira do Miño
- Nigrán fecha o mes de xullo festexando ao seu patrón, San Fiz
- As mulleres cazadoras protagonizan unha xornada simbólica
- O CrossFit rompe barreiras nas comarcas
- O deporte base de Salceda brilla nos torneos internacionais de Portugal
- Música e ocio danse a man en Salceda de Caselas