Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

As avoas contan, o Rosal escoita

transmisión

y Quince mozos e mozas voluntarios entrevistan a máis de 30 maiores para preservar a memoria

[O Rosal]

Hai lembranzas que non se gardan nos libros, senón no corazón das persoas: un pisco, un muíño, o aroma do argazo. Para recuperar esas historias naceu «De Avoas a Netas: Nomeando O Rosal», un proxecto interxeracional impulsado por 15 rapaces e rapazas voluntarias co apoio do Concello que busca poñer en valor o patrimonio cultural, etnográfico e inmaterial do municipio.

Dende principios de ano, os e as voluntarias percorren as parroquias rosaleiras realizando entrevistas a 22 mulleres e homes, coa participación de máis de 30 persoas maiores como testemuños da historia local. O proxecto abrangue varios eixos: recuperación histórica, vídeos e dinamización en redes sociais, un dicionario lingüístico con palabras propias do Rosal, un roteiro arredor do pisco que culminará cunha obra de teatro, e un convenio coa Universidade de Santiago de Compostela para un traballo de investigación vinculado á iniciativa.

A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, subliñou durante a presentación pública do proxecto que «recuperar a memoria das nosas avoas non é só lembrar o pasado, é construír un futuro con raíces fortes». O acto contou cunha gran acollida veciñal e coa presenza de varias das persoas participantes na iniciativa.

Tracking Pixel Contents