Furanchos
A XVI Foliada Furancheira da Picoña inaugura outra primavera
A festa mesturou viño, comida e música tradicional, con visitantes de toda Galicia

Sobre estas liñas, éxito de afluencia da furancheira. Á dereita, o augardente triunfou en varias xornadas. | // D.P.
A XVI Foliada Furancheira consolidouse neste marzo de 2026 como unha das citas máis importantes da comarca, organizada pola Asociación de Veciños Carballeira da Picoña. Segundo destacou a organización, a edición deste ano foi todo un éxito tanto a nivel de participación como de afluencia. O evento logrou atraer ata Salceda a visitantes chegados dende todos os recunchos de Galicia, con xente procedente de Ferrolterra e tamén do veciño norte de Portugal.

A XVI Foliada Furancheira da Picoña inaugura outra primavera
Integrar as actividades complementarias nas propias adegas resultou un grande acerto. Esta iniciativa dinamizou os distintos espazos e incrementou de maneira notoria a presenza de público nos locais. Os furanchos participantes ofreceron os seus mellores viños e tapas para o deleite dos asistentes. O concurso de espantallos achegou o toque de imaxinación e colorido. Esta orixinal proposta encheu as rúas de creatividade, facendo que o percorrido entre os furanchos resultase moito máis levadeiro e ameno para todos os camiñantes.
A música tradicional galega foi o fío condutor da festa. Moitos asistentes trouxeron os seus instrumentos, tocando con moitas ganas xunto aos grupos convidados. Na primeira fin de semana, o sábado 14 estivo amenizado pola proposta de Xisco Feijoo coa súa «Traede Ferrallada», o concerto de Deixandar (chegados dende O Rosal) e o contacontos de Hermen&Gildo.
A celebración continuou coa mesma forza a seguinte fin de semana. O sábado 21 as adegas acolleron as actuacións musicais de Os da Illa (de Arousa) e Os Terribles de Donas (dende Gondomar), que ademais presentaron o seu libro e CD. A programación completouse co espectáculo de Títeres Tarabelos, chegados dende Marín, ideais para o público familiar.
Para poñer o broche de ouro a estes días de ledicia, a foliada acolleu queimadas varias e unha exitosa demostración en directo de destilado de augardente en pote tradicional. En definitiva, moita música, baile e tradición nunha edición memorable para Salceda de Caselas.
- China navega en un mundo aparte: pesca 20 toneladas más por cada una que pierde la flota española
- La jueza archiva la causa de la botella de agua que quemó a un cliente en un restaurante de Vigo: «Es decepcionante»
- Desbloquean las cesáreas humanizadas en el hospital Álvaro Cunqueiro tras un año paralizadas y prevén retomarlas en mayo
- Herida grave una niña de 10 años tras precipitarse desde el balcón de su casa en Vigo
- Silabario abre un nuevo restaurante en un hotel histórico de Vigo: «Va a ser un concepto más divertido y asequible»
- Papá y mamá te acompañan
- Una exempleada de Hormigones Valle Miñor acepta dos años de cárcel por apropiarse de 100.000 euros a la empresa de Nigrán
- Dejar un trabajo fijo para dedicarse a la docencia: «Me arrepiento de no haberlo hecho antes»