Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Via Crucis

Salvaterra revive a Paixón

O recinto amurallado acollerá a quinta edición desta representación

[Salvaterra de Miño]

Salvaterra de Miño converterase novamente no escenario da Paixón de Cristo con motivo do Vía Crucis Vivente, unha actividade xa consolidada que celebra este ano a súa quinta edición.

O evento, organizado por un grupo de veciños e veciñas de Salvaterra e As Neves, recreará os últimos momentos de Xesús de Nazaré ata a súa crucifixión e posterior resurrección.

As murallas medievais servirán de fondo para unha posta en escena que contará coa participación de numerosos actores afeccionados, que darán vida a figuras como Poncio Pilato, a Virxe María, Caifás ou os propios soldados romanos.

A representación incluirá o xuízo ante Pilato e o percorrido polas diferentes estacións ata o Monte Calvario, nun ambiente cheo de emoción e simbolismo. para todas as persoas seguidoras da relixión católica.

O Vía Crucis vivente de Salvaterra medrou en asistencia e recoñecemento nos últimos anos, converténdose nun dos actos máis esperados da Semana Santa na comarca.

A organización agarda superar a participación de edicións anteriores e invita a veciñanza e visitantes a sumarse a esta cita co sentimento e a tradición que caracteriza, nestas datas, ás persoas crentes.

Tracking Pixel Contents