CB Baiona
O XVII Torneo Minibasket reune máis de 500 persoas
Baiona acolle unha nova edición do eventos, que se celebra esta fin de semana no Pavillón Municipal

Presentación do XVII Torneo Minibasket CB Baiona. | // D.P.
O Concello de Baiona vive esta fin de semana o XVII Torneo Minibasket CB Baiona, unha das citas deportivas máis simbólicas do municipio.
A decimosétima edición deste evento, organizado polo Club Baloncesto Baiona coa colaboración do Concello, celébrase estes días, 27, 28 e 29 de marzo, nas instalacións do Pavillón Municipal e centra a atención do baloncesto base durante a fin de semana.
Durante a presentación puxéronse en valor a longa traxectoria deste torneo, un referente no ámbito autonómico, así como o seu impacto positivo no municipio a nivel deportivo, social e mesmo turístico.
As autoridades que participaron na presentación destacaron o traballo organizativo do CB Baiona, que leva anos apostando por un evento pensado para promover o deporte base e os valores asociados ao xogo limpo e á convivencia.
XVII edición
Nesta edición participan máis de 500 persoas entre xogadores, adestradores e acompañantes, procedentes das catro provincias galegas, así como doutros puntos de España como Cataluña, Ponferrada, Zamora e Valladolid.
En total, serán 32 equipos de categoría minibasket divididos en 16 masculinos e 16 femininos, que disputarán 74 encontros ao longo de tres días de intensa competición.
O torneo comezou onte ás 18:00 horas co tradicional concurso de tiro por parellas. Hoxe desenvolverase a fase de grupos de 09:00 a 22:00 horas, e o domingo 29 celebraranse os play-offs pola mañá e as finais pola tarde, co acto de entrega de trofeos como broche final.
Desde o CB Baiona subliñan que, máis alá dos resultados deportivos, o obxectivo é ofrecer unha experiencia enriquecedora aos máis pequenos, fomentando o compañeirismo, o respecto e a paixón polo baloncesto nun ambiente de amizade e diversión.
- El día en que A Cañiza pasará a llamarse a A Caniza y Cangas incorpora «apellido»: entra en vigor el nuevo Nomenclátor de Galicia
- El naval vigués crece en el Mediterráneo con el elevador de barcos para yates «más grande del mundo»
- Herida grave una niña de 10 años tras precipitarse desde el balcón de su casa en Vigo
- Iturmendi, una ferretería con más de 80 años que vendió las primeras lavadoras de Vigo
- China navega en un mundo aparte: pesca 20 toneladas más por cada una que pierde la flota española
- El otro tesoro bajo Rande: los marineros de la vieira de Cangas rescatan platos antiguos en sus rastros
- «En liquidación»: cierra la cadena de moda Emilio Iglesias, con cuatro tiendas en Vigo
- El Sepe prevé que Galicia sea una de las comunidades que más empleo cree hasta 2028, cuando el país alcanzará 23,4 millones de cotizantes